Un dos detidos, C. de 18 anos, relata que, cando se ergueu para sair do furgón da policía, e estando ainda alxemado, un axente lle deu unha puñada no nariz. “Cando me colleron, eu xa estaba relaxado, eles ainda non”, acrecenta.

 

Ciudadanos aplaude la “impecable” actuación de la Policía ...

.

 

Dous dos catro mozos dedtidos hai unha semana en Vallecas interporán denuncia contra axentes da Policía Nacional española por agresións. C. estaba na concentración da pasada semana frente á Asemblea de Madrid,para reivindicar a sanidade pública e pedir a demisión de Isabel Díaz Ayuso, cando na segunda roda das cargas policiais, entre empurróns, caiu ao chan unha persoa que estaba ao seu carón. No momento em que a axudaba a levantarse, foi detido, explica o xoven de 18 anos.

Foi no furgón policial, na condución á comisaría de Numancia, cando -sinala- varios axentes bateron nos tres detidos, estando estes ainda alxemados. No seu caso, ao chegaren á comisaría e abrir o furgón, un axente regular -sen o uniforme de anti-disturbios- “deume unha puñada limpa no nariz que me deixou sentado”. El erguérase para sair do vehículo.

“Cando me recolleron, eu xa estaba relaxado, eles ainda non”, acrecenta. Presenta varios hematomas na cabeza, a máis grave no nariz. Os catro mozos detidos fixeron unha fotomontaxe coas súas feridas para dar visibilidade ás agresións que denuncian.

 

Image

 

O cuarto xoven foi detido ao ir á comisaria para preguntar polos amigos. No exterior da escuadra da policía, alxemárono varios axentes, xunto cun quinto xoven, este menor de idade, e bateron nel, denuncian os mozos.

Un médico forense examinou C. nos xulgados da Praza Castilla, onde declararon perante a fiscal e o xuiz na pasada sexta feira. Ningún deles mostrou interese polas feridas presentadas polos xovens nin polo relato de posibeis malos tratos policiais. “Tivo que llos explicar eu”, asegura o mozo.

Os vídeos grabados na concentración mostran queun axente anti-disturbios deu unha cabezada a un dos xovens cando este xa estaba alxemado.

Atentado á autoridade

O avogado penalista Erlantz Iriondo ocúpase do caso de C. e doutro dos xovens. Explica que están sendo investigados por atentado á autoridade, desobediencia e resistencia. Destas tres imputacións, cuxo suxeito pasivo é o mesmo segundo o Código Penal, a Policía, restará apenas unha que será dirimida no xulgamento, dependento de si as peritacións consideran que os xovens agrediron os policías, desobedeceron os seus mandados ou se se defenderon.

Sobre a denuncia dos mozos á policía por agresións, a peritaxe pasa polos relatorios forenses e a parte máis difícil: a identificación dos axentes. Nin sequer cando arremeteron contra a manifestación os anti-disturbios levaban no colete anti-trauma o número de identificación correspondente e obrigatorio, como pode comprobarse nos múltiplos vídeos grabados,

Nas cargas policiais, houbo como mínimo tres persoas feridas, unha delas tamén menor de idade, que necesitaron ser atendidas por sufrir lesións durante as cargas dos anti-disturbios que disolveron a concentración: fenda na cabeza, orella partida que requiriu puntos de sutura e unha pancada forte nas costas.