No pasado 26 de agosto, Lucia Barro Miñones, presidenta de EsCULcA, enviou ao concelleiro de Sanxenxo Jaime Leiro, responsábel da Policía Municipal, solicitude de información sobre a actuación de axentes deste corpo nos feitos acontecidos no dia 10 de agosto. Ese día P.L.M.S. foi presumibelmente obxecto de insultos, ameazas e expresións proferidas por un viandante que poderían ser constitutivas dun delito de inxurias/amezas e dun delito de odio. No entanto, os axentes municipais terían actuado non xa con irresponsábel pasividade diante da comisión deste suposto delito senón mesmo, segundo testemuños directos, con manifesta neglixencia cando non cumplicidade.

 

Resultado de imaxes para concello sanxenxo

 

Os feitos de que EsCULcA tivo coñecemento terían acontecido no dia 10.08.2019 arredor das 10.30 horas na AV. de León de Sanxenxo e neles víronse implicados como vítima P.L.M.S. e como autor ou suxeito activo persoa non identificada, apesar de estaren presentes dous axentes da Policía Local (números de identificación profesional 261022 e 261031). Esta persoa que os axentes se negaron a identificar tería proferido insultos, ameazas e expresións que poderian ser constituivas non só dun delitos de inxurias/ameazas senón tamén dun delito de odio do art.510 CP .

 

 

Na solicitude que dirixe ao concelleiro Jaime Leiro, a presidenta de EsCULcA expón que o -en cumprimento dos seus fins estatutarios- o observatorio está recollendo información sobre a actuación dos axentes actuantes no incidente e con ese obxectivo solicita lle sexan proporcionados, con eliminación dos datos persoais, mais non dos números de identificación profesional, os seguintes documentos:

1.- Copia da dilixencia de exposición de feitos , identificación do autor (con omisión dos datos persoais) e oficio de remisión a GARDA CIVIL.

2.- Elaboración e remisión de informe elaborado polo responsábel da POLICIA LOCAL DE SANXENXO en que se describan as dilixencias adoptadas polos policías locais actuantes (axentes actuantes 261022 e 261031) ao abeiro do artigo 13 da LACr e art.8.f) da lei 2007 da XUNTA DE GALICIA de Coordinación de policías locais , a fin de amparar á vitima e evitar a comisión do delito.

3.- Elaboración e remisión de informe elaborado polo responsábel da POLICIA LOCAL DE SANXENXO en que se faciliten os datos da denuncia administrativa formulada a don PEDRO LUIS MOSQUERA SALAMANCA , con expresión do precepto infrinxido pola circulación do patinete , asi como con expresión da documentación con que debia constar o mencionado vehiculo e que determinou a citada denuncia , sinalando a ordenanza local ou regulamento xeral onde se esixe a citada documentación e sinalando se na denuncia os axentes actuantes consignaron expresamente a omisión desa documentación.

4.- Elaboración e remisión de informe elaborado polo responsábel da POLICIA LOCAL DE SANXENXO en que se determinen os motivos polos que os POLICIAS LOCAIS actuantes non procederon a identificar o autor do suposto delito de odio nin procederon a súa toma de declaración ou reseña de feitos.

5.- Elaboración e remisión de informe elaborado polo responsábel da POLICIA LOCAL DE SANXENXO en que se describan as categorías profesioanis dos axentes actuantes .

6.- Elaboración e remisión de informe elaborado polo responsábel da POLICIA LOCAL DE SANXENXO en que se describan os cursos recibidos polos axentes actuantes para a prevención de comportamentos xenófobos ou racistas. E formación impartida á POLICIA LOCAL DE SANXENXO en 2018 e 2019 sobre esta materia , indicando datas , programa e órgano de impartición e número de axentes que recibiron a devandita formación.

7.-COPIA do PROTOCOLO OU ORDENANZA DE ACTUACIÓN da POLICIA LOCAL DE SANXENXO en materia de actuación en seguridade cidadá , con expresión de carecencia de competencias en dicha materia.

8.-COPIA , caso existir, de procedementos internos de prevención e investigación de situacións de xenofobia e racismo .- -Número de ocasións de aplicación do devandito protocolo dende a súa aprobación.- Determinación de se se procedeu a súa aplicación nos feitos obxecto desta petición de información.

Ver aquí a solicitude de información.