O distanciamento das prisións das cidades e de zonas habitadas? os muros mentais? a falta de consciencia? a crenza nunha liña divisoria entre ‘bos’ e ‘malos’? non sabemos cales son as razóns, nin cal delas ten máis forza para a sociedade se situar neste punto en que as persoas encerradas no Sistema Penitenciario importan tan pouco e xeran esa terríbel falta de empatía fóra. Hai unha semana que moitas delas iniciaron unha greve de fame para deitar un raio de luz sobre as violencias normalizadas en prisión e que este ‘fora’, por regra indiferente, poda coñecelas.

 

 

 

 

Queremos sacar, por un instante, a voz destas persoas que loitan. Elas mesmas escribiron unha proposta de loita colectiva onde se pon de manifesto ‘a situación a que nos vemos sistematicamente sometidas ao abuso de poder, agresións, torturas físicas e psíquicas continuadas, e a unhas condicións de existencia inhumanas e degradantes en multitude de aspectos: abandono médico-sanitario, explotación laboral, indefensión xurídica, discriminación cultural, inexistente liberdade de expresión, etc.”.

Fronte a esta situación; desde dentro, desde as persoas encarceradas, xurdiu unha proposta de Greve de Fame Colectiva para deitar un raio de luz sobre as violencias normalizadas en prisión, para chegar ‘fóra’.

 

 

Estas son as súas reivindicacións:

1. O fin das torturas, agresións e tratos crueis, inhumanos e degradantes e da impunidade da/os carcereira/os na súa práctica en todas cadeas do estado español.

2. A erradicación dos FIES, abolición do chamado ‘réxime especial’ de castigo, e clausura absoluta dos departamentos de isolamento.

3. Fin da dispersión das presas e presos.

4. Que os servizos médicos non estean adscritos a Institucións Penitenciarias, que sexan independentes delas.

5. A aplicación inmediata dos artigos 104.4 e 196 RP as persoas con doenzas crónicas sen requirimento de entraren en fase terminal.

6. A respecto das persoas con doenzas mentais esiximos que sexan tratadas adecuadamente en lugares apropiados e non nos cárceres.

7. Que os ‘programas’ con metadona, tratamentos psiquiátricos, etc. vaian acompañados de grupos de apoio, terapeutas, etc. Independentes de IIPP.

8. Que se abran investigacións e sexan esclarecidas, coa subsecuente delimitación de responsabilidades, as mortes de persoas nos cárceres de estado español.

9. Que as estruturas prisionais abran as súas aulas, obradoiros, ximnasios, etc. Accesos formativos e culturais ás persoas presas que tratan de “irrecuperabeis”

10. Que os módulos de respecto non sexan utilizados como escaparates.

11. Que se deixe de inspeccionar integralmente as familias e amizades visitantes.

12. Esiximos aos xulgados, forzas de seguranza do estado e todo tipo de instancias represoras que non criminalicen a solidariedade entre persoas.

 

 

PERSOAS PRESAS QUE MANTEÑEN A GREVE (e autorizan a publicación do seu nome)

José Antonio Chavero Mejías (intervenido)

Mohamed El Hichou El Yaziji (intervenido)

Eduard Balabekyan

Centro Penitenciario Alicante II

Ctra. N-330, km. 66

03400 Villena (Alicante)

****

Francisco Manuel Pérez Mingo

Patricio Javier Suárez Rodríguez

José Antonio Romero Amador

Oscar Rodríguez González

Centro Penitenciario Puerto I

Ctra. Jerez-Rota, km. 6,4

11500 El Puerto de Santa María (Cádiz)

****

Antonio Carlos Nieto Galindo

Centro Penitenciario de Murcia II

Paraje Los Charcos

30191 Campos del Río (Murcia)

****

José Ángel Martins Mendoza (intervenido)

José Adrián Poblete Darre (intervenido)

Delcio Alfredo Cancola Pereira Pinto

Manuel Francisco Llopis Alfonso

José Gil Belmonte

Francisco Pérez García

José María Márquez Bernal

Handy Yadir Mora Navarro

Abdenasser Meti

José María García Ruiz

Miguel Ángel Bautista Álvarez

Antonio José Mateo Pedraza

Miguel Ángel Cuesta Martínez

Francisco Serrano Fernández

Centro Penitenciario de Castellón II

Paraje Els Mascarells, acceso CV-129, km. 15

12140 Albocàsser (Castellón)

****

Alfonso Miguel Codón Belmonte

Centro Penitenciario de León

Paraje Villahierro

24210 Mansilla de las Mulas (León)

****

Jorge Alfonso Vázquez Campillo

Centro Penitenciario de Topas

Ctra. N-630, km. 314

37799 Topas (Salamanca)

****

David Andrada Mújica

Abel Rebaque Melián

Centro Penitenciario de Puerto III

Ctra. de Jerez-Rota, km. 6

11500 El Puerto de Santa María (Cádiz)

****

Agustín Manuel Cortés Santiago

Centro Penitenciario Sevilla II

Paraje las Mezquitillas. SE-451 km 5,5

41530 Morón de la frontera (Sevilla)

****

Óscar Gutiérrez González

Juan Carlos Marín Tapia

Carmen Badía Lachos

Centro Penitenciario de Zuera

Autovía A-23, km 328

50800 Zuera (Zaragoza)

****

Aritz Saldaña Salsamendi

Centro Penitenciario de Araba

Portillo de San Miguel, 1

Carretera N-1, Km 340

01230 Nanclares de la Oca (Álava)

****

Alejandro Viera León

Centro Penitenciario Las Palmas II

Carretera General Juan Grande GC 500, km. 1, El Matorral

35290 San Bartolomé de Tirajana (Las Palmas)

****

José Ruyman Armas Santana

Samir Morabet

Luis del Valle Corbera

Alexandu Demeter

José Alberto Gabarre Vargas

Centro Penitenciario La Moraleja

Ctra. Local P-120

34210 Dueñas (Palencia)

****

Sergio Medina Castel

Centro Penitenciario Madrid VII

Ctra. M-241, km. 5750

28595 Estremera (Madrid)

****

Juan Francisco Ortega Albadalejo

Centro Penitenciario de Teruel

Avenida de Zaragoza, 26

44001 Teruel

****

Fonte: Insurgente

Máis informaición: Tokata