Pouco despois do asasinato da xornalista Shireen Abu Agleh, as forzas de ocupación sionistas mataron un adolescente palestino en Al-Bireh no decurso dunha batida na parte central da Cisxordania ocupada.
Thayer Khalil Yazouri, de 18 anos
Thayer Khalil Yazouri, de 18 anos morreu como consecuencia dun tiro no corazón disparado polas axentes das forzas de ocupación israelitas na zona de Jabal Al-Tawil de Al-Bireh, a 15 kilómetros ao norte de Al-Quds, segundo o Ministerio de Saúde palestino. O instituto de Medicina Forense da Universidade Nacional de An Najah informou que a autopsia revelou que Shireen levaba un capacete na cabeza e que a bala era do tipo explosivo.
Por outra parte, as forzas especiais de ocupación israelitas entraron na vivenda da familia da xornalista Shireen Abu Akleh na ocupada Al-Quds onde estaban reunidas numerosas persoas que esixiron a expulsión das forzas de ocupación da casa.
No campo de refuxiados de Jenín, no norte da Cisxordania, onde foi asasinada Shireen Abu Akleh, tamén oi escenario de ataques a outros xornalistas que cubrían a incursión das tropas de ocupación. Entre os numerosos feridos está Ali Samoudi, que recibiu un tiro nas costas cando se encontraba ao lado de Shireen Abu Akleh
Na semana pasada, Israel detivo 15 xornalistas palestinos con motivo do Día Mundial da Liberdade de Prensa.