José Luis ten que dar de comer ás vacas pola mañá e pola noite. Hai unha semana, cando naceu o xato, neste cruzamento preto da Cañiza, cando ía coa muller á finca, unha parella da Garda Civil parounos e multounos. Segundo os axentes o casal non podía ir no mesmo vehículo (“Dixéronme que tiña que vir a pé ou coller un taxi”) e nin ir todos os días dar de comer ás vacas: “Eles din que durante dous días non é necesario darlles de comer ás vacas”.

 

A Cañiza contará con un sendero de pescadores - PangeaA Cañiza

 

José Luis ten unha leira con vacas e outra con cabras, a pouco máis dun quilómetro da casa. Alén de o multaren, dixéronlle que non pode ir dar de comer aos animais todos os días, o que é difícil de entender.

José Luis coméntanos: “Eles din que durante dous días non é necesario darlles de comer ás vacas”.

Unha semana despois, aínda continúa a dar voltas ao asunto: “Eu non lle vexo lóxica a que non poidas ir no coche coa persoa coa que convives”.

Entretanto non chega a multa, José Luis pensa ir dar de comer cada día aos seus animais.

TVG