Òmnium Cultural puxo en andamento unha ofensiva xurídica e internacional contra os poderes do Estado español e situou como primeiro obxectivo a Coroa. O presidente de Òmnium, Marcel Mauri, anunciou que instaron o goberno de Suíza a bloquear as contas de Juan Carlos I naquel país e que hoxe mesmo presentaron unha querela criminal contra o rei emérito no Supremo polos delitos de corrupción, fraude e lavado de capitais.

 

Mauri Torbisco / Sergi Alcàzar                                                   Neus Torbisco e Marcel Mauri. Foto: Sergi Alcàzar

 

Esta primeira acción encádrase nunha campaña de denuncia contra os poderes do Estado que Òmnium organizou para denunciar a súa faléncia democrática. Mauri explicou que esta campaña é resposta á represión polo 1-O e as “condenas vergoñosas do Supremo” contra líderes do procés, mais tamén polos déficits democráticos evidenciados durante a pandemia, coa recentralización das competencias e o “desacomplexado abafamento das liberdades”.

Bloqueo das contas en Suíza
A petición ao goberno suízo, que xa foi activada coa presentación dun relatorio xurídico-técnico, faise no cadro da investigación contra Juan Carlos I por suposto delito de lavaxe de capitais que leva a cabo a fiscalía helvética. “É unha acción preventiva para impedir que estes fondos sexan utilizados en canto está en curso a investigación e para bloquear fondos sospeitosos de teren orixe ilícita”, explicou a doutora en dereito internacional Neus Torbisco, que lembrou que nestes momentos Suíza está especialmente preocupada por combater a imaxe de sospeita de lavaxes internacionais contra os bancos suízos.

Torbisco lembrou que a Audiencia Nacional encerrou as investigacións sobre este tema hai dous anos e mostrou o convencemento de que esta carta pode servir como presión para conseguir o bloqueo das contas ao igual que Suíza fixo no caso doutros mandatarios investigados por corrupción.

 

rei joan carles cotxe gtres

 

Querela Criminal
Polo que respecta á querela criminal contra o Rei emérito, foi presentada hoxe no Supremo e está baseada nos delitos de suborno, tráfico de influencias, negociación prohibidas a funcionarios, fraude á facenda pública e lavado de capital.

“Esiximos que, como acontecería con calquera outro cidadán, sexa admitida a trámite e sexa iniciada a investigación”, reclamou Mauri, aínda que admitiu que non confía na xustiza española.

No entanto, argumentou que esta acción servirá para fiscalizar a actuación da fiscalía anticorrupción e permitirá a Òmnium actuar como acusación popular. “Cando se demostre que esta fiscalía non fai o que ten que facer estaremos alí para denuncialo”, advertiu Mauri que lembrou que é a primeira vez que se presenta unha querela como esta contra o Rei emérito no mesmo momento en que hai unha investigación aberta pola fiscalía polo cal “o Tribunal Supremo non o ten fácil para rexeitar a investigación”

“Non podemos permitir que todo iso prescriba. Que poida ser esquecida esta mala praxe da monarquía española”, argumentou.

Marta Lasalas

El Nacional