Agresións desproporcionadas

Un dos casos que máis circulou polas redes é o dun home que recibiu unha puñada na cara propinada por un mosso nun dos accesos ao aeroporto de Barcelona durante a movilización da segunda-feira. O manifestamente quería sentarse pacificamente no chan, mais os axentes impedíronllo coa súa agresión.

 

Joan Giralt@jogiralt

Vídeo incrustat

Outro caso: a agresión dun policía anti-disturbios a un manifestante que lanzara unha garrafa de agua ao aire durante un protesto contra a presenza do presidente de Ciudadanos, Albert Rivera, no bairro barcelonino de Horta. Apesar de o manifestamente non ter oposto resistencia, o axente lanzouse sobre el.

 

‼️Això què és? Prou impunitat policial. Jo mateix he rebut un cop de porra només per gravar des del costat @infoRAC1 @jordiborras @gallifantes @centre_IRIDIA @AlertaSolidaria @BeatrizTalegon @antoniobanos_ @lluis_llach @HiginiaRoig @soler_toni @gerardromero @LauraBorras

Vídeo incrustat

Os axentes da policía española tanñeb levaron a cabo actuacións que poden ser consideradas desproporcionadas e ilegais, como o caso do axente que agrediu cun golpe de porra na cabeza un manifestante que estaba de costas, en actitude passiva. “Nin a policía española nin os Mossos respectaron os protocolos. Deron pancadas coa porra de acima abaixo, e iso non é só ilegal, senón tamén é delito, despois dunha sentenza da Audiencia Provincial por feitos semellantes ás mobilizacións de Can Vies”, lembra Andrés García Berrio, director estratéxico de Irídia, entidade de defensa dos dereitos humanos.

 

NacióDigital @naciodigital

Vídeo incrustat

CDRs de Lleida@CDRsLleida

Mostra la imatge al TwitterMostra la imatge al Twitter

[ David d’Ent.🎗#JoSócCDR ]@denterd

Vídeo incrustat

‘s pro-independence supporter beaten to the ground by Spanish occupation forces at ‘s airport tonight. He’s at the hospital emergency room right now.

Vídeo incrustat

Prácticas ilegais e no limite do protocolo
Despois do caso de Ester Quintana, no 2014 o Parlament de Catalunya prohibiu o uso de bolas de goma e os Mossos d’Esquadra substituíronnas por proxecteis de foam. Mais a policía española continuou utilizándoas e no aeroporto de Barcelona dispararon doce. Os mandos españois consideran que a prohibición non os afecta, embora a xestión da orde pública dependa dos Mossos. Aliás, os Mossos tampocou evitaron o seu uso.

Os proxecteis de foam tamén causaron feridas, como a deste menor. Segundo el mesmo denuncia no Twitter, estaba a uns metros da brigada móbel falando cunha amiga e actitude pacífica cando recibiu un impacto de foam na frente.

Joan ll*ll@garbi24

Mostra la imatge al Twitter
Por outra parte, durante o dia de onte nas rúas do Eixample de Barcelona, os furgóns dos Mossos d’Esquadra utilizaron varias veces a técnica do carrusel, que consiste en aproximarse con vehículos a grande velocidade para dispersar manifestantes. Nalgúns casos tamén se utilizaba para preceder a actuación dos anti-disturbios, que carregaban contra os manifestantes logo após pasaren as furgonetas a toda velocidade.
En maior, os Mossos decidiron restrinxir esta tècnica, mais desde a pasada segunda-feira voltaron a por en práctica de maneira continuada. Segundo xustificou o conceller do Interior, Miquel Buch, o carrusel é reservado para “situacións moi concretas”. Ver quí un dos moitos carruseis que se practicaron na noite da terza-feira en Barcelona.

IRIDIA@centre_IRIDIA

⚠️Avui de nou l’han tornat a utilitzar malgrat el greu risc que suposa per a la integritat física de les persones⚠️

Vídeo incrustat

Por agora, a Consellería do Interior decidiu que investigará unha actuación dos anti-disturbios dos Mossos d’Esquadra no aeroporto de Barcelona, onde na segunda-feira un furgón policial avanzou cun manifestante sobre a capota de diante do vehículo. Nas redes tamén xeraron moita indignación as cargas dos Mossos contra estudantes de Igualada, moitos dos cales eran menores de idade.

VilaWeb@VilaWeb

Vídeo incrustat

Tamén foron vistos moitos axentes anti-disturbos sen identificación nin por diante nin por atrás de maneira visíbel, embora a lei lles esixa identificarse. Desde o ano 2008, todos os axentes de Mossos d’Esquadra teñen que levar o número de identificación en lugar visíbel do uniforme. O goberno aprobou esta medida co obxectivo de facilitar á cidadanía o dereito de identificar en calquera momento os funcionarios policiais.

Desde a segunda-feira, o Servizo de Emerxencias Médicas (SEM) realizou 256 asistencias sanitarias, dúas delas de gravidade. A unha persoa lle estalou o globo ocular, non se sabe se por un proxectil de foam ou por unha bala de goma. E un home de trinta anos foi operado en barcelona dun traumatismo testicular causado por unha pancada de porra da policía española. Tiveron que extirparlle entre o 30% e o 40% da masa testicular.