La Junta respeta la sentencia de La Manada pero cree que no responde a la realidad                                     A Conselleira de Igualdade en funcións, María José Sánchez Rubio EFE

 

O artigo da discordia da vixente Lei andaluza para a promoción da igualdade de xénero (Lei 9/2018) é o número 76 nos seus apartados d), e) e g). Neles advírtese que se cometerá infracción grave, de até 60.000 euros, se se elaboraren ou difundiren en colexios materiais curriculares “que xustifiquen ou inciten á prostitución”, se se realizaren campañas de publicidade coa imaxe das mulleres asociada a comportamentos “que xustifiquen ou
inciten á prostitución ou á violencia contra elas”, ou se se desenvolveren actos culturais ou lúdicos que “xustifiquen ou inciten á prostitución ou á violencia de xénero”.As catedráticas fanse varias preguntas respecto destes preceitos: “que significa ‘xustificar’ a prostitución?”, “ficarían dentro deses ‘comportamentos’ prohibidos os de defender a autodeterminación sexual das mulleres ou argumentar que a prostitución é un traballo como outro calquera ou pugnar polo recoñecemento do dereito á súa sindicación?, podería mesmo afirmarse que con iso se incita indirectamente ao seu exercicio?” ou “a que se refire a lei cando fala de prostitución, un concepto que non está legalmente definido e que é hoxe escasamente unívoco?”.

“Como se non fose suficiente con sancionalas”

O manifesto lanzado por María Luisa Maqueda Abreu (Universidade de Granada), María Acale Sánchez (Universidade de Cádiz) e Guillermo Portilla Contreras (Universidade de Xaén) lamenta que, “como se non fose suficiente con sancionalas administrativamente, a elas e aos seus clientes, a partir de ordenanzas municipais e da Lei de Seguranza Cidadá, ou con privalas do dereito a se autoorganizaren para defender os seus dereitos sindicais fronte aos posibeis abusos e a explotación da patronal ou de terceiros, agora, coa nova lei, poden ser impostas multas que chegan aos 60.000 euros a quen ‘xustifique’ a prostitución utilizando a imaxe das mulleres”.

A/os asinantes, pertencentes a distintos sectores sociais, asociativos, académicos e xudiciais de todo o territorio español, “a falta doutras vías posibeis” propoñense “pedir ao Defensor del Pueblo que interpoña un recurso de inconstitucionalidade fronte a uns preceitos que, sob o pretexto de promover a igualdade de xénero, representan unha flagrante vulneración de dereitos fundamentais”.Entre eses dereitos aluden ao “dereito á liberdade de expresión ou información” (art. 20 da Constitución Española), e o “dereito das mulleres que exercen a prostitución a non seren discriminadas” (art. 14 da Constitución Española). “Con infraccións como estas son condenadas á inexistencia social para non comprometer a imaxe pública das mulleres: unha finalidade abertamente simbólica que nos trae á memoria esa vella contraposición entre mulleres boas e mulleres malas, entre ‘madreesposas’ e ‘putas’, que tan útil foi para os intereses do patriarcado”, argumentan as catedráticos, que xa recolleron máis de medio millar de asinaturas.

Engaden que “non é un problema menor a infracción que este preceito representa para outros principios constitucionais esenciais” como o principio de legalidade, “pola forma extremadamente ambigua e imprecisa con que se formula, que impide coñecer a materia de prohibición producindo unha indefensión perigosa e indesexábel”. “Como determinar se os actos culturais, artísticos ou lúdicos son ‘sexistas’ (‘uso discriminatorio da linguaxe que se fai por razón do sexo’, segundo a propia Lei)? Son sexistas simplesmente cando exhiben ‘comportamentos’ que ‘xustifican’ a prostitución?”, pregúntanse, incidindo en que “o grao de inseguranza xurídica que esta disposición representa é insoportábel e desencoraxa o exercicio dos dereitos de libre actuación e expresión da cidadanía”.