Unha investigación do diario ‘The Guardian’ destapa até 136 desparicións de menores migrantes non acompañados.

 

La ministra de Interior británica, Suella Braverman, interviene en la Cámara de los Comunes el pasado 17 de enero de 2023.A ministra de Interior británica, Suella Braverman, intervén na Cámara dos Comúns no pasado 17 de xaneiro de 2023. — Jessica Taylor / REUTERS

 

O diario The Guardian desvelou, grazas a unha investigación xornalística, o suposto secuestro de decenas de menores de idade requerentes de asilo aloxados nun hotel de Brighton xestionado polo Ministerio do Interior británico e que terminaron sendo vítimas de bandas criminais. Uns feitos que non só terían acontecidos na cidade de Brighton, se non que parecen repetirse noutras instalacións da costa sur de Inglaterra.

 

Un traballador da empresa Mitie, subcontratada polo Ministerio do Interior, e fontes dos servizos de protección de menores informaron do secuestro de menores en plena rúa que eran metidos en coches. “Os menores son literalmente raptados frente ao edificio. Desaparecen e nunca son encontrados. Os traficantes secuéstranos en plena rúa”, explicou a fonte.

A Policía avisou reiteradamente o Ministerio do Interior do vulnerabeis que son estes menores aloxados no hotel despois de chegaren ao Reino Unido sen ningún tipo de protección frente ás redes criminosas.

Uns 600 menores non acompañados pasaron polo hotel de Sussex nos últimos 18 meses e foron denunciadas até 136 desaparicións. Máis da metade, 79, continúan aínda en paradeiro descoñecido.

Fontes do Ministerio do Interior aseguraron que “non era verdade” que as crianzas non sen acompañamento fosen secuestradas dos seus hoteis, e dixeron que os mozos eran libres de abandonar o seu aloxamento.

A fonte de Mitie describiu como viu persoalmente menores que eran levados dun hotel similar de Hythe, Kent, xestionado polo Ministerio do Interior, e estima que até un 10% dos menores desaparece cada semana.

Reacción da oposición

A porta-voz de Interior do Partido Laborista –na oposición–, Yvette Cooper, cualificou a noticia de “verdadeiramente horrorosa e escandalosa” e pediu ao Gobierno que informe do número de menores desaparecidos e das xestións que está a facer para os encontrar.

A ministra do Interior, “Suella Braverman, fracasou apesar dos reiterados avisos que lle deron sobre as proteccións absolutamente inadecuadas na atención de menores”, apuntou Cooper. “É unha neglixencia absoluta dos deberes do Ministerio do Interior, un fallanzo total na protección da seguranza dos menores ou a persecución das perigosas bandas que lles poñen en terríbel risco”, engadiu.

Os datos oficiais estiman que os menores non pasan unha media de 16,5 días nos hoteis do Ministerio do Interior antes de seren atendidos polos servizos sociais municipais de todo o país.

A resposta do Ministerio do Interior con respecto ás desaparicións non esclareceu nada: “As autoridades locais teñen o deber legal de protexer todas as crianzas, independentemente de onde desaparezan. Na preocupante ocasión en que unha crianza desaparece, traballan en estreita colaboración con outras axencias locais, incluída a policía, para establecer urxentemente o seu paradoiro e os poren a salvo”.

Público