Hay cosas que no se hacen;
si se hacen no se dicen;
si se confirman, se desmienten

General Saenz de Santamaria

 

O “no me consta” do goberno español -metade pasar a bola, metade piada pós-democrática en frente da gravidade da espionaxe política – lémbrame sen xeito, lembranzas de puberdade política, aquela porta-voz gobernamental socialista chamada Rosa Conde, que sempre dicía “non me consta”. Dicíao a cada pregunta difícil durante a comparecencia oficial. Nunca lle constaba a realidade, nunha variante máis refinada do pujolista “ara no toca” (agora non toca). Así era a nosa mocidade precaria; ou non tocaba ou non constaba; a realidade desmentía o Goberno e, vice-versa dialéctica, os gobernos teimaban en desmentir a realidade. Ora ben, comezando polo final, que todo un Goberno do estado implicado diga “non me consta” é ben diferente de dicir “é mentira”. Sabendo diferenciar goberno e estado, que non é exactamente o mesmo: “os gobernos pasan, as policías fican”.

 

The Wire Is Still The Greatest TV Show Ever Made

 

Como o é tamén que o CNI se limite a dicir que todo o que fan é con orde xudicial, que é calquera cousa menos un desmentido, menos ainda se se sabe que, desde 2015, teñen unha orwelliana e inquisitorial Unidad de Defensa de los Principios Constitucionales , que inclúe o independentismo como inimigo a abater e que será a escusa que virá. Que os ministerios de turno -incluído o da porra- ofrezan como única resposta un convite ao presidente do Parlament de Catalunya a querelarse perante a xustiza xa é rir da democracia cando a democracia é para rir. Apañados, só resta disimular e buscar cortinas de fume. E facer todo o posíbel para que nunca haxa probas, nin xuízo, nin condena. Rituais costumeiros, as usual, da impunidade.

 

O presidente Pedro Sánchez convoca de urxencia o CNI, pregúntalles se son eles os que están por detrás e toma decisións ao respecto. E se non o fai, simplesmente, é porque non quer. Acabou a conversa. Todo o resto son escusas.

 

Abreviando: diante dunha excepción que se prolonga no tempo, cal sería a vía democrática máis curta? Sinxela, áxil e rápida. O presidente Pedro Sánchez convoca de urxencia o CNI, pregúntalle se son eles os que están por detrás e toma decisións ao respecto. E se non o fai, simplesmente é porque non quere. Acabou a conversa. Todo o resto son escusas, atraso, complicidade e encobrimento, que rima con torpedear o procedemento. Do gobierno más progresista de la historia que agora tenta salvar a monarquía das martingalas que, durante tanto tempo, os servizos secretos españois esconderon e protexeron. Non haberá via curta democrática, claro. O 78 é así e a vella toada móstrao ben: ningún réxime recoñece ter presos políticos como ningún xefe de estado recoñece espiar os adversarios políticos. Entretanto, os gobernos continúan desmentindo a realidade. Non consta, non toca, non pasa.

Delito de Estado: impunidade garantida, segredo oficial a gritos e lei do silencio. E negocios obscuros con empresas israelitas. Mais por fortuna, ainda non prohibiron a hemeroteca: o xornal Haaretz xa informaba e denunciaba no 2018 que diferentes estados empregaban tecnoloxía israelita para “espiar e interceptar comunicacións de defensores dos dereitos humanos, disidentes e membros do colectivo LGTB”. E sí, falaban da empresa NSO e do seu Pegasus, “o kit de espionaxe máis invasivo do mundo”. O xornal lembrava que as exportacións, autorizadas polo ministerio de Defensa, continuaran producíndose apesar de coñecer os usos perversos, represivos e autoritarios que facían dela os gobernos, incluído o español. Mesmo a deputada Tamar Zandberg, de Meretz, pediu o fin deste negocio, terribelmente opaco. Cito un xornal e unha deputada israelita para todos aqueles que poñen a venda nos ollos ante a natureza neuroticamente securitaria de Israel.

 

Welcome to CooLight - your source for EL Wire and Inverters

 

Mais voltando ás Españas, sorte dos antecedentes, de feito, que lembran que non estamos falando dunha excepción senón dunha norma calada: a excepción, xa ti ves, é a investigación realizada por CitizentLab, que o fixo visíbel despois de WhatsApp se dar conta do furado de seguranza. Para non facer longa a infamia, só tres antecedentes concretos. Para lembrar a norma excepcional da monarquía das bananas do Reino de España. De entrada, só era preciso lembrar que Narcís Serra acabou demitindo por espionaxe do CESID… ao Rei. Era 1995. A pregunta sería que se na altura “escoitaban” un rei corrupto o que non farían co resto de súbditos. Naquela altura saíron á tona 7.000 microfilmes dos servizos secretos españois filtrados á prensa. Hoxe Villarejo, onte Perote; aquel coronel expulsado por irregularidades económicas, que foi asesor de seguranza de Repsol e que acabou coa carreira do pianista Narcís Serra. O xefe do CESID, Manglano, acabou sendo condenado por ‘invasión masiva’ polas escoitas producidas entre 1984 e 1991 a numerosos xornalistas, políticos, empresarios e ao rei que Franco nomeara rei. Mais… amodo: posteriormente foi absolvido. Para iso está a alta xudicatura española. Para condenar inimigos e absolver os amigos.

 

 O xefe do CESID acabou sendo condenado por ‘invasión masiva’ polas escoitas producidas entre 1984 e 1991 a numerosos xornalistas, políticos, empresarios e ao rei que Franco nomeara rei. Mais… amodo: posteriormente foi absolvido.

 

Dous. Lembrando o escándalo da espionaxe na sede de Herri Batasuna en nome dunha loita anti-terrorista sob a cal foron amparados tantos crimes, abusos e vilanías. A tentación moraba no andar de cima. Por riba da sede da formación política, esconderixo do CESID durante unha década. O balcón de en frente tamén. Accidentalmente, cando en HB quixeron renovar a central telefónica, os operarios decidiron non tocar nada logo de chegar: desmontando o falso teito para accederen á instalación toparon todas as liñas grampeadas e conectadas desde o apartamento superior -alugado en 1992 polos servizos secretos-, en medio a un sarillo de cabos, wires e cablejats. E os inquilinos do apartamento de arriba, fuxiron. Dez anos continuados de espionaxe industrial. Teléfonos, computadores, vídeo e decenas de micrófonos. Sen ningunha orde xudicial e financiado con fondos reservados, mais sob ordes gobernamentais. A Equipa de Investigación do xornal Egin -fechado pola Audiencia Nacional en 1998, apesar de que en 2007 foi decretada a ilicitude do fechamento- descubriu un dos espías fuxidos na súa casa, nos suburbios de Madrid. Outro en Vitoria, en casa dos pais. Militares. Eran Mario Cantero e Francisco Buján. Xunto con eles, e en primeira instancia, foron condenados -cinco anos despois- dous directores xerais do CESID: outra vez, Manglano, e tamén Javier Calderón. Os dous condenados a tres anos de cárcere e inhabilitaicón absoluta durante oito anos. Mais… amodo, ó. Extremamente rápido, o Tribunal Supremo voltou a cantar absolución: absolveu con extrema celeridade os dous directores e só condenou un axente. a dous anos e seis meses de prisión. Que nunca cumpriu. Non era preciso dici-lo, xa o sei.

Na esteira, un día de 1995, o ex deputado de HB Joxe Mari Olarra voltaba dunha manifestación e topou con tres homes que lle abriran o coche e estaban remexendo dentro. Foi atrás deles e case consegue apañar un, que acabou refuxiándose nunha comisaría da Ertzaintza, de onde sairía despois en liberdade, sen cargos e sen investigación. Só o investigará, máis unha vez, aquel xornal de referencia que foi Egin: descubrirían que era un axente do CESID en comisión de servizo. Un capitán da Cabalaría do Exército: José María Liniers Portillo. En 2003, Iñaki Anasagasti denunciaba que os teléfonos do grupo parlamentar do PNV no Congreso foran intervidos polo CNI, poucos meses despois de estourar un escándalo sobre as escoitas nos gabinetes da ONU.

 

O País Vasco acolle e recolle o leque acumulado máis extenso e recente do deep state. Toda aquela tecnoloxía foi transferida agora ao caso catalán -axentes incluídos

 

O País Vasco acolle e recolle o leque acumulado máis extenso e recente do deep state. Toda aquela tecnoloxía foi transferida agora ao caso catalán -axentes incluídos. Despois do proceso de ilegalización e apartheid electoral da esquerda abertzale do 2002, acabou por sair á luz pública que o Estado dispuña dunha lista ilegal de 40.000 persoas desafectas, a partir da cal era decidida que lista electoral resultaba contaminada. Poucos alzaron a voz. E así nos vai. Thomas Paine: “Quen quixer salvagardar a súa liberdade terá de protexer da arbitrariedade todos os outros, ou o precedente acabará virándose contra el”. Entretanto, ao procurador xeral Conde Pumpido escapáballe aquel “nos hemos pasado, pero ha colado”. Despois do xuízo ás organizacións xuvenís vascas, sóubose que eran 33.000 as escoitas recorrentes que se producen no Estado español. Unha das frustracións da miña curta vida parlamentar foi preguntar insistentemente como sabía Felipe Puig e o Departamento de Interior que de 418 persoas identificadas nun protesto contra os cortes antisociais, “178 eran anti-sistema, 39 independentistas e 19 anarquistas”. Figura no DNI? Nunca responderon mais era a proba evidente de que existen ficheiros ideolóxicos. Lembro, da Audiencia Nacional, un imputado por queimar fotos do rei -absolvido despois- denunciando a existencia de ficheiros ideolóxicos e ilegais. O maxistrado incontinente Vázquez Honarrubia lanzoulle a micro aberto: “¡eso ya se lo aseguro yo!”. En fin.

Terceiro e último. Teríamos de lembrar, apesar de que se queira que esquezamos, o caso que imputou o Conde de Godó, propietario de La Vanguardia, polas escoitas telefónicas ilegais coas tensas e arduas negociacións entre bastidores polas estreadas fusións mediáticas, con Antena 3, Polanco e Mario Conde en medio. Portas xiratorias publicoprivadas tamén nas cloacas, quen servía a aqueles intereses mediáticos era o coronel do CESID Fernando Rodríguez e a toupa histórica da ditadura reciclado para a democracia, Mikel Lejarza, El Lobo. Lobo escoitaba através da empresa General de Consulting y Comunicación SL, que facturaba mensalmente 5.650.000 pesetas á “conta” de Godó. Estivo dous meses na prisión de Quatre Camins, mais saiu ileso co coronel do xulgamento, apesar de lle pediren anos de prisión. Penas mínimas que máis unha vez non foron cumpridas, embora a insistencia indignada do fiscal do caso, este bon home chamábase e chama ainda José María Mena. Anos despois, o magnata mediático Murdoch fechaba News of the World polas escoitas ilegais masivas do xornal.

 

Como sabía Felipe Puig e o Departamento de Interior que de 418 persoas identificadas nun protesto contra os cortes antisociais, “178 eran anti-sistema, 39 independentistas e 19 anarquistas”. Figura no DNI? Nunca responderon mais era a proba evidente de que existen ficheiros ideolóxicos

 

Acabo xa. Aforro tamén a versión doméstica de Método-3. Aforro Aznar pedindo ao xefe do CNI, Jorge Dezcallar, que desmentise a SER que abandonaran a pista de ETA nos atentados do 11-M e Aznar manipulando groseiramente os relatorios dos servizos secretos. Aforro a vídeoteca de Villarejo, mais non esquezan -insólito- que a fiscalía decidiu purgar e eliminar algúns parágrafos da documentación do sumario porque comprometen “a seguranza do Estado” antes de levantar o segredo sumarial. Palabrón: “expurgo previo sobre asuntos de seguridad del Estado“. O que se oculta sob o eufemismo está por ver. Segredo de Estado cunha lei de segredos oficiais que data de 1968: democracia con leis de ditaduras. E, no entanto, todo é un asunto tamén catalán -lembremos o caso CESICAT de seguimento de activistas através de fontes abertas- e tamén singularmente español, mais dunha dimensión que xa é europea e dunha escala de espionaxe que xa é global. Entre Assange e Snowden, digamos. En Portugal, hai moitos anos, un escándalo sacudiu o país: 80.000 escoitas autorizadas a 200 altas personalidades durante seis meses por un asunto relativo a unha investigación xudicial por abusos sexuais. E na Italia, en setembro de 2006: 100.000 cidadáns cos teléfonos grampeados por unha rede vinculada aos servizos secretos. É Europa, que te escoita.

Fomos incorporando nomes obscuros ás nosas vidas transparentes. Primeiro foi Echelon, despois Sitel -o sistema de escoitas da Garda Civil e o CNP-, agora Pegasus. Cero inxenuidade. No fondo, a novidade non é a súa existencia turba, senón o seu uso ao invés e brutal: hai moito que a disidencia xa foi incorporada como “criminalidade transnacional organizada”, para o dicir na xíria do 1999 de Sinere, o banco de datos da UE que incluía activistas anti-globalización. Un día teremos de facer todo o catálogo dos últimos anos contra o independentismo como inimigo do Estado: do móbel de Roger Torrent ao de Anna Gabriel -xa veremos que di Suíza-, da baliza no coche de Puigdemont ás visitas macarras da policía patriótica en Andorra, dos ataques informáticos do 1-O aos  fondos reservados. Todo o repertorio e toda a artillaría utilizada contra o anseio democrático da autodeterminación. A lista é xa interminabábel.

 

No fondo, a novidade non é a súa existencia turba, senón o seu uso ao invés e brutal: hai moito que a disidencia xa foi incorporada como “criminalidade transnacional organizada”, para o dicir na xíria do 1999 de Sinere, o banco de datos da UE que incluía activistas anti-globalización

 

Temos o arrepío garantido neste curto e convulso século XXI. O uso dos servizos secretos con fins políticos, partidarios e ideolóxicos. Se leron a triloxía de Larsson, lembrarán as desventuras de Lisbeth Salander, A Sección e como operan as estruturas policiais paralelas. Realidade ou ficción, a Alemaña acaba de disolver toda unha unidade militar de forzas especiais polos seus vínculos estreitos e directos coa extrema direita. Se queren ficar de pedra, pasen por El enemigo conoce el sistema de Marta Peirano; se queren protexerse, pasen polo manual Resistencia Dixital de Críptica; se queren blindar a privacidade e intimidade que tantos séculos custou conseguir, afáganse a desconectar todos os dispositivos frente a distopía monitorizadora do 5G. E, ollo aberto, que xa hai atestados policiais en que o feito de apagar o móbel é elevado a sinónimo de culpabilidade -“algo terá que esconder”. O es de vidro ou es culpado.

1984. Luces de Bohemia. The Wire. A rapariga que soñaba cun misto e un bidón de gasolina no palacio das correntes de ar. Pobre Orwell. Pobre Valle Inclán. Pobre McNulty. E sempre Lisbeth

PS. Vimos a estudar e vimos a prender a pensar. A non deixar de o fazermos xamais. Aprendizados continuados e como a cousa vai de libros nun verán que parece inverno, recoméndovos abertamente o último libro de Enric Juliana, Aquí no hem vingut a estudiar (Arpa, 2020). É unha maldita marabilla. É unha miraxe. É un quebra-cabezas. É unha escola. É un labirinto. O franquismo, en parte, fixo o traballo e a falta de memoria sempre é unha derrota. Cría, tres veces rebeldes, que MMM ía ligado inevitabelmente a Maria Mercè Marçal. Asi é. Mais doravante, memoria dun futuro anterior, incorporarei tamén outro MMM. Reteñan o nome, por favor: Manuel Moreno Mauricio. Un resistente. De Vélez-Rubio en Badalona. O mundo ermo de onte sob a ditadura explica ainda o de hoxe e fai dubidar moito do de mañá, en medio ao Terceiro Plano de Estabilización en curso. Sen spoilers, outra historia da transición, nun tributo aos que nunca deixaron de estudar nin sob as condicións máis inenarrábeis. Porque a historia ensina. Apesar de ter poucos alumnos.

DAVID FERNÀNDEZ