Dus axentes da policía española revistaron o usuario dun tren e ameazárono cunha multa de seiscentos euros por falar en catalán.

Un pasaxeiro dos trens rexionais foi vítima onte de discriminación luinguística por parte da policía española na estación de Figueres : “Acaban de tomarme os datos por falar catalán á policía e din que me chegará unha multa de 600 euros”, explicou no Twitter. Segundo el, os axentes tentaron obrigalo a falar en español en canto lle dicían: “Estamos en España”.
Despois de denunciar que o revistaran sen motivo, feito que o fixo sentir un cidadán de segunda, o pasaxeiro reproduce parte do diálogo cos policías. Neste sentido, di que lle dixeron que non entendían o catalán e que tiña de falar en castelán porque o manda a constitución. “Vaste cagar porque estamos en España e tes que falarme en español”, dixo un xente.
Máis tarde mostráronlle a bandeira española e preguntáronlle que dicía o seu DNI. Despois dos feitos, o pasaxeiro demandou a ERC, Junts, a CUP e os Comuns que interveñan para evitar máis casos de discriminación linguística.