A policía denuncia diariamente a prostitución desde que se instaurou a Lei de Seguranza Cidadá en no Reino de España en 2015. Coa chamada Lei Mordaza, en 2017, foron interpostas, de media, 1,3 denuncias diarias contra mulleres por exerceren a prostitución. Desde a entrada en vigor da norma, as autoridades presentaron máis de 1.100 denuncias por realizar actos ‘contra a liberdade e indemnidade sexual ou de exhibición obscena’. Así consta nos datos obtidos por eldiario.es a través do portal de transparencia.

Para María Luisa Maqueda, Catedrática de Dereito Penal da Universidade de Granada e autora do relatorio ‘A prostitución, o pecado das mulleres’, ambas as razóns serven para perseguir e criminalizar quen exerce a prostitución en España. ‘As infraccións por desobediencia e por comportamentos obscenos na vía pública da nova Lei de Seguranza Cidadá criminalizan a súa contorna’, detalla a experta. Ademais, considera que denunciar por desobediencia ‘é unha forma encuberta de criminalizar o seu exercicio’ e a consideración de algo como obsceno queda a xuízo do policía en cuestión.

O 60% das denuncias acabaron en multa

O pasado ano, as denuncias presentadas por incitación ao acto sexual e/ou exhibición obscena alcanzaron a cifra de 477 actas abertas; case unha e media por día. Unha situación que se repite no tempo, xa que en 2015, coincidindo coa entrada en vigor da lei a mediados de ano, abríranse xa unhas 255 denuncias e en 2016, 454.

Non é a primeira vez que esta situación de criminalización pola Lei Mordaza é contestada. Ao mes e medio da entrada en vigor, o colectivo Hetaira xa denunciou como con esta normativa comezábase a multar as prostitutas que traballaban no polígono Marconi. Foi neste lugar onde, precisamente, a que fora delegada do Goberno en Madrid, Concepción Dancausa, anunciou que ía aumentar a presión policial contra a prostitución.

En 2017 e 2016, máis da metade das denuncias impostas polo artigo 37.5 acabaron en sanción. No que restaba de 2015 (a Lei Mordaza entrou en vigor en xullo) só o 30% tomaron esa vía. Con todas as multas impostas, 591, en tres anos chegáronse a recadar uns 100.400 euros. As infraccións deste tipo, consideradas como leves,son sancionadas  con multas que van desde os 600 aos 10.000 euros.

Madrid acumula máis da metade

Madrid sería a provincia que máis denuncias acumulou, sen contar con Cataluña e Navarra cuxas competencias están transferidas. No ano pasado tan só en Madrid foron presentadas 275 denuncias, máis da metade do total do reino. A ela seguiron Valencia (4%), Pontevedra (4%) e Alacante (3%).

Hai en zonas en que non só se aplica a Lei Mordaza senon tamén a lexislación correspondente da zona, por exemplo Cataluña. Desde esta comunidade autónoma, da que non se conseguiron datos por ter as competencias transferidas, a Asociación en defensa dos dereitos das mulleres Xera denuncia que unha ‘unha muller en certas zonas podería se sancionada até por tres normativas’. Neste caso podería aplicárselle a Lei de estradas cidadá, a ordenanza municipal e a de Seguranza Cidadá. ‘É unha proba bastante forte de cal é o nivel de criminalización e persecución que se exerce contra as mulleres’, sinala.

Desde a asociación comentan que a maior parte das denuncias que axudaron a recorrer estaban relacionadas con desobediencia á autoridade, cuxas sancións poden alcanzar o triplo que unha infracción por exhibición obscena, até 30.000 euros, ao tratarse dunha infracción grave.

Desde 2015 até 2017 puxéronse máis de 29.000 multas por este motivo, segundo datos do Ministerio de Interior. Non todas están relacionadas coa prostitución. Un dato que non é posíbel diferenciar pois non aparece a información desagregada no portal de estatísticas.

Leis que perseguen a prostituta

‘Normalmente este tipo de políticas de sanción non van dirixidas aos clientes; van empeorar a vida das mulleres através de políticas de persecución’, indican desde Xera e engaden que vitimiza aquelas que poidan ser vítimas de trata. ‘Evidentemente é unha política de criminalización, tremendamente perigosa e prioriza unha cuestión moral a unha ética’.

‘Non estamos xamais de acordo con que se penalice as mulleres’, indica Marisa Solero da Fundación Mulleres, organización partidaria do abolicionismo da prostitución. ‘Queremos a penalización dos proxenetas e dos clientes, mais nunca das mulleres’, indica. ‘Non se deposita a responsabilidade nas mulleres e portanto a responsabilidade está noutro sitio’, subliña

El Diario