O Comité de Dereitos Humanos da ONU fixo público o seu ditame sobre a sentenza de inhabilitación do ex xuiz da Audiencia Nacional española Baltasar Garzón pola instrución do ‘caso Gürtel’. O Comité respalda os argumentos expostos por Garzón na súa Queixa e califica de  “arbitrario” o proceso que levou á súa inhabilitación. Argüi que Tribunal Supremo vulnerou a presunción de inocencia de Garzón e non observou as preceptivas garantias dun proceso xudicial cando o condenou -en 2012- a 11 anos de inhabilitación. Consecuentemente, pede ao Reino de España que implemente “unha reparación efectiva” e “elimine os antecedentes penais” do ex xuiz. Garzón fora condenado por prevaricación por ordenar que fosen interceptadas as comunicacións que mantiñan os líderes da ‘trama Gürtel’ cos seus avogados

 

Comitê de Direitos Humanos da ONU avaliará situação no Paraguai – ACNUDH

 

 

Este ditame do Comité abre a Garzón a posibilidade de solicitar o seu reingreso na carreira xudicial, mais non -segundo o Tribunal Supremo español- a revisión da sentenza. O TS afirma que o ditame do Comité non é equiparábel a unha resolución do Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos (TEDH) e non habilita esa revisión. Precisamente o TEDH, na mesma liña o Tribunal Constitucional español, recusara de plano no seu día admitir o recurso de Garzón contra a condena por prevaricación imposta polo TS.

Un xuiz cun longo histórico de ataque aos direitos fundamentais

Baltasar Garzón é un vello coñecido de persoas e colectivos represaliados polos corpos policiais e os poderes fácticos do estado polo seu inabalábel apoio á represión por motivos ideolóxicos no seu desempeño como xuiz instrutor da Audiencia Nacional española: vítimas de tortura cuxas denuncias foron ignoradas por Garzón ou ás que negou a aplicación do seu, mediaticamente tan publicitado, protocolo anti-torturas; empresas de comunicación perseguidas e clausuradas ilegalmente mediante instruçons ideoloxicamente distorcidas, ou abafadas através de manobras económicas irregulares; persecución de plataformas dixitais de contido crítico coas súas actuacións professionais… O histórico de Garzón é, con efecto, longo e ben nutrido de ataques ás liberdades e aos dereitos. Unha traxectoria obscura que contrasta coa imaxe luminosa de xuiz defensor de causas xustas que con tanto afán divulgan os media mainstream.

Para quen tiver interese en coñecer este reverso sombrio do ex xuiz, indicamos a seguir algúns artigos aparecidos no noso portal e noutros media.

 

EsCULcA

Tu non defenderei Garzón – (17-02-2012) – https://esculca.gal/2354/

Querela contra Garzón por incumprir o seu propio protocolo – 21 asociacións critican a presenza de Garzón no CPT – 23 asociacións de Denúncia e Prevención da Tortura Recusan a candidatura de Garzón ao CPT –  Solicitan que se revogue o nomeamento de Garzón –  (16-03-2012) – https://esculca.gal/page/3/?s=garzón

Festival de Cinema sobre Dereitos Humanos – Pechan a porta á presenza de Garzón (22-05-2013) – https://esculca.gal/3643/

Baltasar Garzón persegue um domínio web crítico com a suas actuaçons (17-11-2014) – https://esculca.gal/4521/

As torturas da operación Garzón explicadas en primeira persoa 25 anos despois  (30-06-2017) – https://esculca.gal/torturas-da-operacion-garzon-explicadas-en-primeira-persoa/